Cabanas para pensar

Datas: 
1 Abril 2011 - 10 Xullo 2011
Comisario: 
Alfredo Olmedo, Alberto Ruiz de Samaniego
Dirección: 
Eduardo Outeiro

A relación dos escritores, filósofos e artistas cos seus espazos de creación sempre fascinou aos estudosos da literatura e a estética, sobre todo se temos en conta que o lugar onde se escribe unha obra influe significativamente no ritmo, a estrutura e o contido da mesma. Partindo desta base nace a exposición Cabanas para pensar, un proxecto de Eduardo Outeiro comisariado por Alfredo Olmedo e Alberto Ruiz de Samaniego. A través das cabanas de once creadores fundamentais da modernidade, desenvólvese unha investigación que afonda e pon de manifesto a importancia da organización do espazo de pensamento no acto de creación. Neste caso, o contorno en cuestión escollido por todos eles redúcese (en apariencia solamente) á mínima expresión arquitectónica, inmersa na maioría dos casos nunha natureza, ás veces exhuberante, outras agreste e minimalista.  

Cabanas para pensar analiza unha serie de exemplos de arquitecturas íntimas e esenciais a través dun conxunto de fotografías realizadas nos lugares nos que están emplazadas estas construccións, ademáis dos seus planos arquitectónicos correspondentes, maquetas e documentación diversa como, por exemplo, unha escolla de herbarios de cada un dos lugares nos que están situadas as cabanas. A exposición plantexa un estudo da relación existente entre a intimidade escollida conscientemente e o proceso creativo por parte dos filósofos Ludwig Wittgenstein e Martin Heidegger, os compositores Edvard Grieg e Gustav Mahler, o dramaturgo August Strindberg, os escritores Knut Hamsun, George Bernard Shaw e Virginia Woolf, o poeta Dylan Thomas, o cineasta Derek Jarman, e, por último, o explorador e escritor Thomas Edward Lawrence, máis coñecido como Lawrence de Arabia.

Plano da cabana de Virginia Woolf.pdf
 

 

Cabana de Virginia Woolf. Monk's House, Rodnell, Lewes. East Sussex