Ciclo Pier Paolo Pasolini
Durante unha semana, con motivo da mostra A voz de Pasolini. Primeiros apuntamentos dun ensaísta cinematográfico, proxectaranse seis das súas máis célebres películas no salón de actos da Fundación Luis Seoane.
Pier Paolo Pasolini (Bolonia, 1922-Ostia, 1975), ademáis de ser un dos directores europeos máis importantes do século XX, foi poeta, escritor, artistas, lingüista, periodista... A figura de Pasolini impregnou gran parte da artística da Italia postfascista, actuando moitas veces como espello crítico dunha sociedade que se internaba a través da industrialización nunha práctica feroz do capitalismo, ademáis de ser testemuña dunha etapa especialmente convulsa entre a clase política, a Igrexa Católica e a sociedade civil. Figura controvertida, trasladou a súa visión da vida, da relixión e da política a unha obra que amosaba sen censura tanto aos excluidos como á corrupción da burguesía, establecendo moitas veces paralelismos entre os relatos desenvolvidos noutras épocas e a actualidade. Neste ciclo, o espectador atopará ambos os dous exemplos nas películas escollidas.
Todos os pases comezarán ás 20:00. A entrada é libre ata completar aforo.
