Muestra la herida

Datas: 
28 Xaneiro 2010 - 21 Marzo 2010
Comisario: 
David Barro, Alberto Ruiz de Samaniego, Sofía Santos
Artista: 
Ángeles Agrela, Rui Chafes, Barbara Hammer, Francisco Leiro, Juan Carlos Meana, Juan Muñoz, David Nebreda, Tony Oursler, Jorge Perianes, Antoni Tàpies, Pedro Tudela, Eulàlia Valldosera, Andy Warhol

Muestra la herida é a primeira parte dun proxecto centrado na relación entre arte e medicina, unha exposición comisariada por David Barro, Sofía Santos e Alberto Ruiz de Samaniego e producida pola Fundación Luis Seoane que dirixe a nosa atención cara os vínculos existentes entre o feito artístico e a enfermidade.

A relación entre  a arte e a medicina foi unha constante ao longo da historia: desde as figuras de marfil ou xade utilizadas polas mulleres chinesas para poder indicar con exactitude o punto concreto dos seus males sen ter que se desvestir, pasando pola imaxe dun médico extraendo unha punta de frecha na perna de Eneas nun muro da cidade de Pompeia, a obra de pintores como Tintoretto, José Ribera, Caravaggio, Goya... ata chegar ás vangardas históricos e finalmente, aos nosos días. A diferencia fundamental entre épocas pasadas e o momento presente é o rexeitamento por parte da sociedade actual a asumir a enfermidade (e unha das súas posibles consecuencias, a morte) como algo intrínseco á existencia humana, especialmente nas sociedades industrializadas. Os avances médicos e tecnolóxicos, sobre todo a partir do século XX coa difusión dos antibióticos, conseguiron que auténticas pragas como a tuberculose (por certo, tamén representada con frecuencia na arte) pasasen a considerarse como enfermidades comúns, curables, e polo tanto visen reducida drásticamente a súa mortalidade e, a consecuencia disto, a súa visibilidade. Simplemente, deixaron de ser algo cotián a nivel común. De feito, a presenza da enfermidade nas manifestacións artísticas de principios do século XX céntrase máis no feito persoal e autobiográfico que no tratamento da mesma coma un dos aspectos fundamentais da existencia humana, convertíndose deste xeito as epidemias en entelequias, en mitos de tempos pasados, unha situación que cambiaría a principios dos anos 80 do século XX coa aparición da SIDA. 

Muestra la herida reúne obras de trece artistas de diferentes nacionalidades cuxa temática incide en diferentes aspectos da relación que vemos de describir: desde a enfermidade como experiencia autobiográfica, pasando pola arquitectura que configura os lugares onde ésta se desenvolve, a ferida como metáfora, o sentimento de perda e transformación producido polo desenvolvemento das patoloxías... Todo isto a través de distintos formatos, incluindo a escultura, a fotografía, a serigrafía, a pintura, as instalacións e os soportes audiovisuais. 

Dentro da mostra incluese un apartado que contextualiza parte do exposto e que o complemente grazas a un pequeño fondo documental que inclue desde un tratado de Avicena ata curiosidades como unha monografía do século XVIII centrada nas enfermidades máis frecuentes no medio rural, libros de ciruxía e patoloxías óseas e incluso un facsímil dun extracto sobre anatomía de Leonardo da Vinci. Xunto a estes documentos, o espectador atopará unha serie de exemplos que o achegarán á práctica da investigaicón e docencia médicas, como os expositores de osos ou as reproduccións de partes do corpo humano.

A mostra acompáñase asimesmo dun libro que analizará en profundidade a relación entre arte e medicina ao longo da historia, desde a antigüidade ata os nosos días. É importante destacar que é a primeira vez que se publica no noso país un estudo sobre esta cuestión, unha oportunidade única para profundizar neste tema grazas aos textos de destacados especialistas e teóricos da arte, como Alberto Ruiz de Samaniego, Sofía Santos, David Barro, Fernando Castro Flórez, José Carro Otero e Effie Komninou.