Pere(t)c

Datas: 
29 Outubro 2010 - 16 Xaneiro 2011
Comisario: 
Alberto Ruiz de Samaniego
Artista: 
Ignasi Aballí, Alfonso Berridi, Robert Bober, Paolo Boni, Fabrizio Clerici, Amaya González Reyes, Gérard Guyomard, Anne Heyvaert, Jean-Luc y Titi Parant, Georges Perec, Bernard Plossu, Bernard Queysanne, Eduardo Scala, Peter Stämpfli, Saul Steinberg, Los Torreznos, Isidoro Valcárcel-Medina, Isabelle Vernay-Lévêque, Cuchi White

Pere(t)c é un proxecto expositivo que xira ao redor da obra dun dos máis importantes escritores franceses do século XX e da súa relacion coas artes visuais, posto que Georges Perec (Paris, 1936-Ivry-sur-Seine, 1982) non só se centrou no eido da literatura, senon que o seu traballo coexistiu con outro tipo de soportes como o cine, a fotografía, a pintura ou a arte conceptual, participando ás veces de maneira activa en disciplinas alleas á obra escrita e outras de xeito pasivo, sendo él mesmo obxecto de inspiración para outros artistas. A presente exposición inclúe, además dunha escolla dos fondos custodiados na Bibliothèque de l'Arsenal de Paris pola Association Georges Perec, onde atoparemos manuscritos, fotografías, dibujos, documentos personales, etc.; unha serie de obras realizadas por artistas nacionais e internacionais inspiradas no universo del escritor ou, nalgúns casos, nas que o propio Perec participou.

O título da mostra é unha homenaxe en sí mesma ao mundo de Perec e ao seu característico gusto por xogar coas palabras. A expresión latina etcétera significa “o demáis”, que en singular podería servir como referencia á inmersión de Perec en mundos alleos á práctica literaria, pero se a pluralizamos referíndonos a “os demáis”, incluiriamos deste xeito a amigos, aos que transmitía a súa admiración a través dos seus escritos, coas súas colaboracións en catálogos de exposicións e tamén aos artistas transformados en admiradores, que escolleron nun momento determinado o mundo dun escritor e artista irrepetible como fonte de inspiración.

 

 

Georges Perec. Fotografía de Bernard Plossu, cortesía da galería Forym, Tarragona