A Fundación Luis Seoane ofrece un amplo abano de propostas didácticas adaptadas a público de todas as idades. Neste aspecto, a institución organiza talleres para escolares de todos os niveis, visitas dinamizadas, visitas guiadas, actividades para adultos e talleres para familias. Dependendo do tipo de proxecto expositivo ao que van asociadas estas actividades, a Fundación céntrase no segmento de público que máis se adapta á natureza de mesmo, xa sexan alumnos de Primaria, de Ciclos Formativos ou espectadores infantís, adultos, etc.
Para participar nestas actividades, é necesario realizar unha reserva previa a través do teléfono 981 216015
