Roland Topor. Toporgrafías

Textos: 
Fernando Castro Flórez, Rubén Lardín, Asier Mensuro, Antonio Notario Ruiz, Jesús Palacios, Miguel Ángel Ramos, Alberto Ruiz de Samaniego, Roland Topor
Ano: 
2011
Artistas participantes: 
Roland Topor
Colección: 
Larva
Características: 
483 p. il. col. e n. Español, galego
Precio: 
21€

Toporgrafías constitúe o primeiro ensaio monográfico sobre a obra do artista francés Roland Topor (París 1938-1997) editado en España. Publicado con ocasión da exposición homónima realizada nas salas da Fundación Luis Seoane entre os meses de xullo e setembro de 2011, Toporgrafías analiza os diferentes rexistros da obra dun autor que se multiplicou como debuxante, ilustrador, novelista, actor ocasional, escenógrafo, humorista gráfico... un catálogo-ensaio que servirá para que os moitos admiradores da obra de Topor no noso país poidan por fin disfrutar dunha rigorosa e completa análise do universo dun artista irrepetible e tamén para presentalo a aqueles que aínda o descoñecen.